Un bosque cheo de faias (Everest Galicia, 2004) de Francisco Castro

Portada Un bosque cheo de faias“Ás veces pensamos que os país coñecen todas as respostas. Ás veces pensamos que os país ‘deben coñecer’ todas as respostas. Pero ela garda silencio. Quizais porque para isto non hai resposta.”

“Xa nota O Cambio Famoso. Aínda ha de ser certo iso da adolescencia. ¡Cómo lle amola que falen dos ‘adolescentes’!, así, coma se estivesen a falar de coellos ou de cabalos. El é Alexandre. Non forma parte de ningún grupo. El é só él. Nin sequera é igual –a pesar de tantas coincidencias- a Manuel ou aos outros.”

“Dálle carraxe ser tan apoucado, tan introvertido. E outras veces non sabe quen é. De feito non ten nin idea de quen é en realidade. Só sabe que é un rapaz preocupado…”

Por qué paga a pena? Por tres motivos básicos, claros e, certamente, moi importantes. Primeiro pola comprensión que demostra das relación adolescente-adolescente e adolescente-adulto (amizade, país-fillos, etapas da vida). Segundo por ser una boa novela de intriga, cunha temática, uns protagonistas e unas situacións interesantes, cun plantexamento sólido e ben trabado. E terceiro por non ter medo a levar á historia cara un final ambicioso.

Pegas. O ritmo. A novela pide a gritos una extensión maior. Porque despois dunha preparación ampla, do desenrolo, das dúbidas entre os protagonistas, de levar a historia con calma cara adiante atopamonos cuhna solución precipitada, coma se as pezas tivesen que encaixar e rápido para non perder a atención dos lectores. O malo é que suxire ou galta de interese no desenlace da propia historia fronte ós protagonistas ou poucas gañas de explicarse una situación que podería derivar na inverosimilitude.

Qué ocorre? Alexandre, Manuel e Antón son tres adolescentes que buscan o seu espazo no mundo. Reúnense no Grapas, un bar da zona vella que acaba de cambiar de propietario. Ao seu grupo únese Nelson, un rapaz negro, veciño de Manuel, que acaba de chegar á cidade coa súa familia. Os rapaces acollen o novo membro con entusiasmo e sofren un duro golpe cando este, xunto a seu pai, recibe una paliza dun grupo de neonazis. As sospeitas dos rapaces recaen sobre o novo propietario do seu bar favorito, Caride, e provocarán o inicio dunha investigación que porá a proba a súa amizade e confianza, ata que nos atopemos nun arriscado clímax final ó máis puro estilo cinematográfico.

Anuncios

“Vértigo” de Alfred Hitchcock, 1958

vertigo900

Alfred Hitchcock es un genio del cine de intriga y suspense, a estas alturas ya nadie podría negarle esa condición. Películas como “Psicosis” o “Con la muerte en los talones” no se pueden calificar con menos que con la categoría de obras maestras. Son obras, además, que han envejecido magníficamente, conservando su vigencia y haciendo disfrutar tanto a nuevas generaciones que se acercan a ellas por primera vez como a aquellos que quieren revivir esos momentos pasados, esos clímax impredecibles y esas tramas que se van desmadejando ante nosotros poco a poco.

Leer más de esta entrada