As leis fundamentais da estupidez humana de Carlo M. Cipolla (Rinoceronte editora)

asleis

Primeira Lei Fundamental: Sempre e inevitablemente cada un de nós subestima o número de individuos estúpidos que hai en circulación.

Subestimámolos tanto que podemos, mesmo, non ver que somos un deles. Para empezar a pensar na nosa pertenza a tan distinguido grupo, haberá que definir unha clasificación dos propios humanos. Estarían os intelixentes, os malvados, os coitados e os estúpidos. Unha distinción que varía en función do beneficio ou a perda que xeremos para nós ou para os destinatarios das nosas accións.

Segunda Lei Fundamental: A probabilidade de que unha persoa determinada sexa estúpida é independiente de calquera outra característica desa mesma persoa.

Esa perda ou ese beneficio non ten que ser só material, o que condiciona o cálculo. Simplemente, un acto que provoca un resultado no que o fai e que causa un resultado sobre o que o recibe. O exemplo más claro sería que A lle roubase 1000€ a B. A conta de A sube 1000 (beneficio) e a de B baixa eses mesmos 1000 (perda). Alguén intelixente sería o que obtivese o seu beneficio ó mesmo tempo que provoca tamén ganancias nos demáis. Un estúpido sería o contrario e polo medio estarían os malvados (beneficio propio con perda allea) e os coitados (perda propia con beneficio alleo).

Terceira Lei Fundamental: Unha persoa é estúpida é unha persoa que causa un daño a outra persoa ou grupo de persoas sen obter ao mesmo tempo un beneficio para si, ou mesmo obtendo unha perda.

“… ante a Terceira Lei Fundamental, as persoas racionais reaccionan instintivamente con escepticismo e incredulidade”.

O feito de considerar positiva ou negativa a repercusión dunha acción dependerá tanto de A como de B. A valorará o que gañe ou perda cos seus actos e B debe ser o xuíz das consecuencias que deses devanditos actos. A súa escala de valores ou visión da vida deben ser os factores a ter en conta.

Cuarta Lei Fundamental: As persoas non estúpidas subestiman sempre o potencial nocivo das persoas estúpidas. En concreto os non estúpidos esquecen constantemente que en calquera momento e lugar, e en calquera circunstancia, tratar e/ou asociarse con individuos estúpidos manifétase como un erro custosísimo.

O propio Carlo M. Cipolla o explica no seu libro e eu limítome a ratificar as súas palabras. Ser estúpido é algo completamente irracional e imprevisible, o que non significa que sexa malo nin voluntario, esa xa é outra historia.

Deixamos para a fin un modelo de diagrama co que podemos empezar a xulgar as nosas relacións persoais. Un exercicio moi revelador que podería servir para cambiar algunhas ideas firmemente arraigadas en nós. O eixo X mide o resultado para nós mesmos (cara a dereita, +, ou a esquerda, -, segundo o resultado) e o eixo Y o provocado nos outros (co criterio de positivos para arriba e negativos para abaixo). Un exercicio que debería ser obrigatorio.

asleis2

Anuncios