A neta do señor Linh de Philippe Claudel (Rinoceronte Editora, 2010)

a neta do señor LinhQuen é a neta do señor Linh? Cal é o seu papel nesta historia? Funciona coma áncora do propio señor Linh? Se é así, a pequeña non foi excesivamente eficaz. Impulsouno a manterse vivo e propiciou que sacase o pescozo fóra da auga, pero ahí rematou a súa labor. Volveu ó seu papel de personaxe desvalida e pasiva.

O vello matina en todo iso, sentado nese banco que se converteu en só dous días nun pequeño lugar coñecido, un anaco de madeira flotante ao que se agarraría no medio dun torrente caudaloso, turbulento e estraño. E mantén abrigada contra el a derradeira póla da rama, que polo momento dorme un sono de bebé satisfeito, ledo de atopar calor da pel querida, a súa cálida moleza e o aloumiño dunha voz amante.

O señor Linh, mentres tanto, coñeceu o seu amigo, o señor gordo, e converteuno na verdadeira motivación da súa existencia.

O vello abanea a cabeza. Pensa que un país no que os nomes non significan nada é un país ben curioso.

A relación entre eles é máis estreita que coa súa neta porque comparten mías puntos en común, a pesares de que as obvias limitacións lingüísticas limiten as súas posibilidades de comunicación. Aínda así, apóianse un no outro, para explicar a un interlocutor fiel, silencioso e pensamos que comprensivo unha vida chea de desgracias ou para reparar en que tamén existe un mundo lonxe dun entorno coñecido, imperfecto onde poder sentirse en casa.

O vello matina no que din. Matina no que é realmente o seu país, no que é realmente dun tesouro. Aperta aínda máis a súa neta. Adormece.

Nunha relación así basta cun banco, un fermoso vestido ou un bebé que nunca chora nin protesta para decidirse polo desconñecido e para, por un instante, chegar a olvidar a primeira e única obligación que o señor Linh cre ter nesta vida.

Arrímase a unha parede. Escorrega amodo ata o chan, case sen darse conta. É como unha caída que durase un segundo ou toda unha vida, unha caída lenta cara ao cemento da beirarrúa. Xa está, está no chan, coa nena no colo. O señor Linh ten a cabeza ateigada de calamidades, sufrimentos e desilusións. Sente o peso de demasiadas derrotas e demasiadas fuxidas. Que é a vida dos homes senón un colar de feridas que poner arredor do pescozo?

Anuncios

2 Responses to A neta do señor Linh de Philippe Claudel (Rinoceronte Editora, 2010)

  1. Pingback: Catro paradas en Rinoceronte editora | lector bajito

  2. Pingback: hairy leukemia

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: