“Xiro postal” de Ousmane Sembène

“A obra de Sembène (…) non é compracente: describe un mundo real e enfermo onde o individuo debe loitar por non ser esmagado. Mais esta loita é irrenunciábel, e por iso se bural con sarcasmo da indolencia esmoeira daqueles que pasan a vida a agardaren que un bo porvir lles caia do ceo. Porque a gran transformación virá de dentro ou non virá.”

“Proseguiu a conversa banal entre homes; unha desas conversas que as xentes afeitas unhas as outras repiten dúas ou tres veces ao día e que eles mesmos atopan moi útiles pero que só son un xeito de acabar co fastío.”

“O cotián é dominio das mulleres e elas íano defender. Puxéronse de acordo. Elas dirían a quen axudar (Se xeracións e xeracións de docilidade fixeran das mulleres do noso país executantes submisas, elas aprenderan a través do tempo que podían obtelo todo do home).”

“- Cando non hai nada que sirva como vara de medir, vale unha que mida a todos.”

Adaptación cinematográfica do propio Sembène

Ousmane Sembène era ata fai ben pouco unha personaxe totalmente descoñecida para min. É de agradecer que as novas editoriais (neste caso Rinoceronte, unha editorial pequena e que está a facer cousas moi interesantes) aposten por outro tipo de contidos e dean a coñecer a artistas que por diversos motivos non tiveron a difusión que con seguridade merecían.

Unido ó descoñecemento da figura está o da propia cultura africana. A realidade que trascende ó mundo occidental está centrada sobre as súas desgrazas, que son moitas. A sensación que queda e que non hai moito interese máis aló de actitudes paternalistas que permitan conservar a situación actual porque, non nos enganemos, saímos beneficiados no reparto.

A obra artística de Sembène desenrolouse a través do seu compromiso coa sociedade africana. A utilización de cine e literatura como método de ensinanza entre a poboación. Comezou a súa producción da man de libros e textos pero cedo comprendeu que o cinema era un método moito máis directo para explicarse. Máis accesible e fácilmente comprensible. Coa posibilidade de chegar a un público moito maior no medio de sociedades onde o grao de alfabetización non é  precisamente moi elevado.

Como enfrontarse sendo observador externo e pouco familiarizado co entorno social e cultural onde se sitúa a acción? A miña solución, tentar comprender os mecanismos que levan a cada personaxe a reaccionar dunha maneira ou outra segundo as circunstancias. Aceptar as realidades cotidianas (impensables e inconcebibles na nosa sociedade por motivos sociais, culturais, relixiosos, políticos, legais, morais, e unha longa lista máis) con mirada neutra, non están expostas para seren xulgadas. Moi habitualmente, a nosa sociedade, e nós coma membros activos, temos por costume valorar as tradicións, modos de relación, hábitos e demais seguindo os nosos estandares, o que representa xa dende o punto de partida unha inxustiza. A realidade na que se levan a cabo son lóxicas para eles. O cal non quere didir que estean ben ou mal, que non debesen ser eliminadas ou cando menos trocadas. O propio Sembène vai nesta dirección.

A grande pequena aventura que se conta vai en torno á chegada dunha carta anunciando un xiro postal. Un feito, a priori, sen maior trascendencia vai devenir o punto de partida para plantexar un completo retrato de toda unha sociedade. E o autor non fai concesións. Destacan as similitudes con outras obras, situadas en realidades completamente distintas, que acaban por plantexar defectos moi similares nos comportamentos humanos. Neste sentido, El coronel no tiene quien le escriba de Gabriel García Márquez, non presenta unha definición do home moi diferente e ofrece o mesmo pesimismo na confianza sobre o xénero humano.

Durante os períodos de necesidade (que para algúns duran claramente máis que para outros) os supostos valores e normas de conducta que rixen as nosas existencias perden o seu papel predominante. O comportamento pasivo, o aproveitamento de uns sobre outros baseado sobre todo no abuso de poder, o non rebelarse contra estas situacións, xurden a cada paso. O protagonista debe enfrontarse á burocracia para obter o famoso xiro, aparentar fronte os seus veciños, mendigar pero mantendo as apariencias, ten esperanza no futuro pero sempre pensando que alguén vai solucionar os problemas por el, vai ser timado, vai recorrer a familiares e coñecidos que, a súa vez, van recorrer a el. Unha acumulación de circunstancias, sentimentos, reaccións, comportamentos, palabras que nos serven para comprender o cadro que Ousmane Sembène quere mostrar dunha sociedade e dos seus problemas (en moitos casos non tan diferentes ós nosos, paro, necesidade, desesperación, relixión entre outros).

A obra cinematográfica do autor senegalés é máis importante, recoñecida e difundida por todo o mundo. Aínda que en España soamente se distribuise o film “Moolaade”, aínda que o director senegalés conta cunha ampla traxectoria polos festivales do mundo adiante. Deixovos aquí algúns exemplos do seu cine, que hoxe en día en internet atópase de todo se un ten paciencia.

Una secuencia da súa película máis coñecida, Moolaade.

Unha película que xa estou desexando ver, pero que non debe ser fácil, La Noire de…

Esta estivo censurada en Senegal bastante tempo por motivos político-religiosos tapados baixo un motivo lingüístico, Ceddo.

Hai bastantes máis que espero ir coñecendo pouco a pouco.

Vocabulario novedoso atopado na lectura deste libro:

alasarv.i. Respirar de forma axitada e entrecortada por causa da fatiga, da calor, dunha emoción, etc. Os bois alasaban de tanto tirar polo carro. SIN. ampear, arfar, bafexar, folguexar, inar, resollar. CF. abafar, acorar, afogar, afrontar(se), asfixiarse, atafegarse, sufocarse.

hules.m. Tea impermeable por ter un dos lados cubertos de verniz, que se utiliza para protexer certas superficies. Mantel de hule.

espeques.m. Pao que serve de soporte a algunha cousa para que non caia. Apoiaron o barco en espeques chantados na area. SIN. esteo.CF. tentemozo.Colocou uns espeques arredor da tenza. SIN. estaca.

chambras.f. Especie de camisa ancha e frouxa que usan sobre todo as mulleres e os nenos. Levaba unha saia gris e unha chambra rosa. SIN. blusa.

gabarv.t. Dicir cousas que expresan admiración por [algo ou alguén]. Gabou o espírito de traballo dos seus empregados. SIN. eloxiar, enaltecer, encarecer, encomiar, loar.ANT. censurar, criticar.CF. celebrar, ponderar. Tamén v.p. É de mal gusto gabarse das virtudes propias. SIN. chufar(se).

avoengos.m. Conxunto de persoas das que alguén descende. Unha familia de nobre avoengo. SIN. casta, estirpe, liñaxe.

tisanas.f. Bebida preparada con herbas, flores ou sementes medicinais mediante infusión ou cocción. Toma unha tisana antes de deitarse. SIN. infusión.

bocaladas.f. 1. Palabra malsoante e que demostra pouca educación. Cando se enfada non fai máis ca botar bocaladas. CF. blasfemia, grosería. 2. Aquilo que se di por presumir, aínda que non sexa certo. Non lle creas as cousas que che conte, non son máis ca bocaladas das súas.

xenreiras.f. Mala vontade ou mala disposición do ánimo en contra de algo ou alguén. Collinlle xenreira a esa xente por unha faena que me fixeron. SIN. animosidade, animadversión(máis cultos), antipatía, aversión(máis culto), manía, rabia, zuna.ANT. simpatía.

Deja un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Seguir

Recibe cada nueva publicación en tu buzón de correo electrónico.

Únete a otros 150 seguidores

%d personas les gusta esto: